Onte celebrouse a Fase Final da Liga Galega de Veteranas da FEGABA e, unha vez máis, as nosas xogadoras da vertente deportiva do proxecto Cris Seijo proclamáronse campioas, revalidando o seu título… sen perder ningún partido!
Pero o máis importante vai moito máis alá dos éxitos deportivos:
🙏 Grazas polo entusiasmo, pola entrega e pola alegría coa que traballastes durante toda a tempada nas demais vertentes do proxecto:
🤸♀️ os adestramentos abertos para mulleres maiores de 35 anos e
🤝 as sesións con mulleres solicitantes de asilo.




Gracias por contaxiar felicidade, forza e positividade. Sodes o corazón do noso proxecto.
Desde a Fundación Breogán sentimos que cumprimos un obxectivo fundamental: reivindicar o deporte feminino e veterano, dándolle o lugar que merece.
E xa pensamos na próxima tempada, porque isto só acaba de comezar.




Na entrega de trofeos contamos coa presenza do Delegado Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, e do capitán do CB Breogán, Erik Quintela.
Grazas a ambos polo voso apoio e implicación!