Novas

Fase Previa Minicopa Endesa 2023 – Adestradores

Presentamos aos dous adestradores encargados de dirixir á selección de xogadores de categoría infantil que representarán á FUNDACIÓN BREOGÁN e ao C.B. BREOGÁN na vindeira fase previa da MINICOPA ENDESA.

Carlos Novo Pérez – Sindín é adestrador superior de baloncesto e actualmente desenrola a súa actividade no C.B. Viveiro.

Nerea Vieites Fernández, a adestradora do Franciscanos Lugo completa o cadro técnico, que xunto co Director da Fundación, Salva Arco terán como primeira responsabilidade realizar a selección dos rapaces chegados de tódolos clubes lucenses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *