Unha mañá chea de sorpresas para empezar a semana dunha maneira inesquecible.
Prometímolo hai unha semana, e onte os rapaces e rapazas de Castro de Rei, recibiron nos seus colexios unhas visitas moi especiais.
O xogador croata do C.B. Breogán, MATEJ RUDAN, compartíu o adestramento e as competicións cos pequen@s deportistas. Tamén houbo tempo para unha rolda de preguntas por parte dos rapaces que lles permitiu coñecer un pouco máis polo miúdo a Matej.
Pero as sorpresas non quedaban ahí, xa que de súpeto apareceu no pavillón MÁXIMUS, que tamén compartíu a sesión con todos nós, revolucionando un pouco o galiñeiro (coma sempre) e facendo as delicias da rapazada.
Polo que respecta ao aspecto puramente deportivo, os rapaces e rapazas de Castro de Rei están cada vez máis involucrados cos adestramentos, esforzándose e prestando toda a súa atención aos adestradores Salva Arco e Chisco López.