Novas

Fase Previa Minicopa Endesa 2023 – Primeiro adestramento

Onte tivo lugar, na pista principal do Pazo dos Deportes de Lugo, o primeiro adestramento do equipo definitivo que representará á FUNDACIÓN BREOGÁN e ao C.B. BREOGÁN na vindeira fase previa da Mini Copa Endesa.

Durante dúas horas, os 12 seleccionados ademáis de realizar un adestramento no que todos se amosaron con moitas gañas, tiveron a primeira toma de contacto co corpo técnico nunha charla informativa previa.

O Director da Fundación Breogán, Salva Arco como máximo representante da selección e os adestradores do conxunto, Carlos Novo e Nerea Vieites, explicaron aos xogadores cales serán as directrices e o que agardan deles nesta competición.

Basicamente será que se esforcen como están a facelo ata o de agora e que representen con orgullo ás dúas institucións e a todo o baloncesto lucense.

Dende a Fundación Breogán queremos agradecer fondamente a predisposición de tódolos clubs que permiten que os seus xogadores participen neste combinado e facer extensivo este agradecemento aos propios xogadores, polo esforzo que están a facer (os seleccionados e os que quedaron fora da convocatoria final) e ás súas familias.