Novas

Fase Previa Minicopa Endesa 2024 – Voltamos a Tarragona

A ACB ven de anunciar que a fase previa da minicopa endesa volverá a ter como destino a localidade de Tarragona.

Falta un mes para que os rapaces do equipo Fundación Breogán en representación do C.B. Breogán viaxen ata a Costa Daurada para participar na fase previa da Minicopa Endesa.

ACB.com

A Minicopa Endesa 2024-25 comezará dentro dun mes en Tarragona. O Palau d’Esports Catalunya e o Poliesportiu de Campclar vibrarán con 26 partidos entre o 6 e o 8 de decembro.

A competición onde nacen as estrelas volverá á capital da Costa Daurada, concretamente na Anella Mediterrània de Tarragona, tras o acordo alcanzado pola acb co Ajuntament e coa colaboración da Diputació de Tarragona. A Minicopa Endesa repite tras a exitosa experiencia de hai un ano, cando máis de 7.000 espectadores gozaron dun evento que deixou un importante retorno á cidade e provincia.

Tarragona será o epicentro do mellor baloncesto de formación, cos equipos infantís (xogadores nados en 2011 e posterior) de 16 clubs acb. Alí xogaranse 26 partidos ao longo de tres días (venres 6 de decembro pola tarde, sábado 7 en dobre sesión, e domingo 8 pola mañá), con dúas pistas no Palau d’Esports Catalunya e unha terceira no Poliesportiu de Campclar.

A primeira fase da Minicopa Endesa buscará coñecer os seis clasificados para a fase final do próximo febreiro en Gran Canaria, de forma paralela á Copa do Rey (12 ao 16 de febreiro). Para a fase final xa están clasificados o Barça, vixente campión, e o Dreamland Gran Canaria, anfitrión.

Coa volta da Minicopa Endesa, Tarragona vibrará co talento dos máis de 200 nenos que chegarán á competición onde nacen as estrelas. Por alí pasaron máis de 120 nenos que chegaron á elite, cunha longa lista de ‘lendas’ como Ricky Rubio, Luka Doncic, Domantas Sabonis, Jaime Fernández, Alberto Díaz, Victor Wembanyama ou Santi Aldama.

© acb Photo / David Grau