Onte tivo lugar, no Colexio Diocesano María Auxiliadora de Lugo, o primeiro adestramento do equipo seleccionado para participar na fase previa da Minicopa.
O equipo da Fundación Breogán deu inicio á súa preparación con moita enerxía e motivación. Baixo a dirección dos adestradores Chisco López e Paula Abuín, os xogadores xa están a traballar cun obxectivo claro: chegar na súa mellor forma á fase previa da Minicopa da liga Endesa do vindeiro decembro.
O equipo, logo das probas de selección realizadas o pasado xoves, está formado por: Xandre Valcarcel, Aram Mosquera, Brais Núñez, David Prado, Hugo Santos, Iker Bouzas, Alejandro Abelló, Hugo Fernández, Bruno Fernández, Diego Cortizas, Manuel Real e Mateo Quintela.