Novas

Final Liga Veteranas FEGABA 25/26

Chega a gran final! 💙🏀

Este sábado 6 de xuño, en Vilagarcía de Arousa, o Seijo Team disputará a final da Liga de Veteranas da FEGABA fronte ao CB San Cibrao.

Despois dunha liga regular impecable, as nosas xogadoras buscarán revalidar o título e conquistar o campionato por terceiro ano consecutivo.

Un último esforzo para pechar unha tempada para o recordo.