Unha nova parada do proxecto Ningún Aro Sen Rede, que desta volta nos levou ata o CPI Virxe do Monte, no Concello de Cospeito.
Alí agardaban por nós unha boa chea de alumnos/as, con moitas gañas de pasalo ben e de sumarse a esta iniciativa ecolóxica que levamos a cabo da man da UNED de Lugo e de Ecoballution.
Logo da explicación de rigor do concurso de reciclaxe e da importancia do seu labor a partir de agora por parte de Salva Arco e Ana Traseira, chegou o momento de probar as novas #econets.
Erik Quintela, Conner Frankamp…e onte foi a quenda de MÁXIMUS. A súa porcentaxe nos lanzamentos? 2 de 10, co que queda claro que á mascota do C.B. Breogán dáselle moito mellor a competición do baile de mascotas da #ligaendesa, que gaña cada ano, pero que no tema puramente deportivo ainda ten que adestrar un pouquiño máis.
En resumo, unha mañá moi divertido, cunha total implicación de mestres/as e escolares e da que nos levamos un gran recordo.