Novas

Proxecto Persoas – Inicio temporada 23/24

Inauguración da segunda temporada do Proxecto Persoas.

Contamos ca presenza de Efrén Castro, Vicepresidente e Deputado de Deportes da Deputación de Lugo, que xunto co Director da Fundación, Salva Arco quixeron poñer en valor a importancia deste proxecto e agradecer a confianza das familias un ano máis.

Tamén destaron a importancia das entidades que colaboran coa Fundación nesta actividade (Raiolas Lugo, Adace Lugo, Afalu e a USC) ,así como o traballo dos voluntarios/as, tanto da Universidade de Santiago de Compostela coma dos propios da Fundación Breogán.

Logo da presentación comezamos o adestramento, que servíu de toma de contacto pero no que xa comezamos a traballas algo de bote e tiro.

Queremos destacar o aumento no número de usuarios con respecto ao ano pasado. Esta crecente demanda de rapaces conleva un aumento de persoal por parte da organización. Por este motivo, nesta edición somos máis de 10 persoas, entre monitores, terapeutas ocupacionais, traballadores sociais, adestradores e voluntarios, os que nos encargaremos de coidar dos nosos rapaces e rapazas.

Na parte final recibimos dúas visitas moi especiais, Erik Quintela, xogador do C.B. Breogán, e Tito Díaz, Director Xeral do C.B. Breogán, que se achegaron para desexarnos boa sorte nesta nova temporada e facer o xa clásico berro de fin de adestramento con nós.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *