Onte presentamos a 2ª Edición do proxecto “Grazas A-Vós”, que iniciará a súa actividade a vindeira semana nas residencias públicas da Xunta de Galicia en Lugo.
No acto estiveron presentes Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Óscar Viñas Penelas, Director da Consellería de Política Social, Águeda Valín, Directora da Residencia das Gándaras, Mª José Cortiñas, Directora da Residencia da Milagrosa e Luis Abel Taboada, Director da Fundación Breogán.

Nesta nova tempada, e logo do éxito acadado na pasada, continuaremos desenvolvendo nas dúas residencias talleres de estimulación cognitiva, sesións de actividade física para favorecer e fomentar o envellecemento activo e saudable dos nosos “A-vós”.