Onte celebrouse o primeiro relatorio do ciclo de conferencias Luz ó Deporte da Fundación Breogán, a cargo de Joaquín Dosil, doutor en psicoloxía do deporte e coordinador do servizo de psicoloxía do C.B. Breogán.
Na charla estiveron presente Sagrario Sánchez, Xefa Territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia; Manuel Cadramón, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia e Zayra Dapena, Directora Territorial de Abanca.
Diante de 300 alumnos e alumnas de 3 institutos lucenses, Joaquín compartiu valiosas experiencias e aprendizaxes provenientes do deporte, aplicables á vida diaria. Desde exemplos reais ata motivadoras reflexións sobre a importancia de descubrir o talento, afrontar os retos con actitude e aprender de cada paso no camiño.
Grazas a Joaquín pola túa inspiradora charla e a todos os asistentes pola súa participación.
Luz ó Deporte, o proxecto que desenvolvemos coa colaboración de Abanca e da Xunta de Galicia, voltará o 21 de outubro coa charla das irmáns Jessica e Lucy Akamere, conducida pola xornalista e escritora María Nieto.