Novas

“Grazas A-VÓS” – Día de partido

Varios dos participantes do proxecto A-Vós, viviron desde primeira liña a vitoria do C.B. Breogán fronte ao Zunder Palencia.

5 usuarios da Residencia das Gándaras, acompañados por un responsable do centro e 6 da Residencia da Milagrosa presenciaron a pasada fin de semana o emocionante encontro disputado no Pazo dos Deportes a pé de pista, desde o palco VIP da Fundación Breogán.

A actividade forma parte do proxecto que realizamos coa colaboración da XUNTA DE GALICIA.