Sara e Marta, estudantes de psicoloxía que están a realizar o programa de Aprendizaxe e Servizo (ApS) da UNED Lugo, forman parte cada semana do equipo que realiza os talleres de estimulación cognitiva, dirixidos polo noso psicólogo Luis Abel Taboada.
Queremos agradecer esta nova colaboración da Uned Lugo demostrando unha vez máis o seu compromiso coa Fundación Breogán e polo tanto coa sociedade lucense, axudándonos a que os nosos proxectos sexan máis profesionais e coa mellor calidade humana posible.