O pasado venres compartimos unha nova sesión de estimulación cognitiva coas beneficiarias e beneficiarios do noso proxecto Grazas A-Vós das residencias da 3a idade de A Milagrosa e as Gándaras.
Da man de Marta e Sara, alumnas do grao de psicoloxìa da UNED de Lugo, traballamos a linguaxe, cálculos matemáticos, orientación espacial, a percepción e a memoria.
O vindeiro luns voltaremos coa parte fìsica, porque os nosos avós e as nosas avoas…non se deteñen!