No Máis Que Basket No Rural non só nos divertimos, tamén aprendemos. E cando os adestramentos están a piques de rematar poñemos a proba ós nosos rapaces e rapazas realizando un pequeno control sobre baloncesto, hábitos saudables, a historia do C.B. Breogán…etc.
Logo do exame, houbo tempo para seguir practicando o deporte que máis nos gusta.