Novas

I Xornada Liga Senior 3X3

Hoxe arrancamos a fase regular da I LIGA SENIOR 3X3 da FUNDACIÓN BREOGÁN.

Destacamos desta primeira xornada o “Fair play”, as gañas e a predisposición de tódolos equipos. Non podía ser doutro xeito, xa que os integrantes dos mesmos son xogadores recoñecidos no ámbito baloncestístico de Lugo.

Ó longo desta semana, publicaremos os resultados dos partidos, a clasificación e os primeiros datos da evolución do concurso de triplas.

Rematamos o día repoñendo forzas e intercambiando impresións, na zona VIP da Fundación degustando os produtos do Grupo Terras de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *