Estes son os resultados e as clasificacións que nos deixou a terceira xornada da Liga Senior 3×3, disputada onte!
A emoción non para, e o vindeiro venres vivirémola ao máximo cos cuartos de final, as semifinais e as finais do campionato:
🏆 Concurso de Triplas.
🏆 Concurso de TwoBall (semifinais e final).
🏆 Eliminatorias finais por equipos.
Todo por decidir, todo por gañar. Preparádevos para unha tarde de baloncesto espectacular!





