Novas

II Basket na Rúa (Fingoi)

Derradeiro sábado de Basket Na Rúa no Barrio de Fingoi.

Houbo balóns da Fundación para tódolos inscritos e os gañadores do “Two Ball” e do Súper Tiro Fundación Breogán, levaron un póster e un altofalante bluetooth do @cbbreogan.

Tamén contamos ca presencia de @coidemoslugo.
Representantes deste movemento social lucense impartiron unha charla de sensibilización para fomentar o respecto polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos.

Nos voltaremos o vindeiro sábado día 4, desta vez no barrio do Sagrado Corazón con esta actividade patrocinada e organizada polo @concellolugo e a CONSELLERÍA DE DEPORTES E @xuventude_lugo a través do Programa +XTI.

Agardámosvos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *