Novas

II Edición “Grazas A-Vós” – 16/10/24

Nova sesión de activación física para @s participantes do Proxecto Grazas A-Vós.

Hoxe, nos centros de A Milagrosa e As Gándaras, os nosos maiores gozaron dunha nova sesión de activación física chea de enerxía, risas e movemento.

Enfocámonos en mellorar a saúde, a mobilidade e pasar un bo intre xuntos, con exercicios adaptados para todos. Unha mañá chea de benestar e boa compañía!

Grazas a todos os que participaron por facelo posible e por contribuír a este ambiente tan positivo. Encántanos ver como crecemos xuntos, movemento e vitalidade para todos!

Aquí algunhas imaxes do evento. Vémonos na próxima sesión!