Corpo técnico da Fase Previa da Minicopa Endesa.
Estamos moi contentos de anunciar que Chisco López, do Franciscanos Lugo, e Paula Abuín, do Estudiantes Lugo, liderarán o corpo técnico que representará ao C.B. Breogán e á Fundación Breogán na fase previa da Minicopa Endesa 2024.
Ambos os adestradores, novos e con gran proxección, encarnan á perfección os valores que buscamos transmitir aos nosos xogadores: traballo en equipo, esforzo, respecto e deportividade. Valores esenciais para competir na máis prestixiosa competición de baloncesto de formación a nivel nacional!
Nos próximos días abriremos as inscricións para os mozos nados en 2011 e 2012, pertencentes a clubs da provincia de Lugo, que queiran participar no adestramento de selección para formar parte do equipo definitivo.