Novas

II Edición Liga Senior 3X3 – Xornada 2

O venres tivo lugar a segunda xornada da Liga Senior 3X3 Fundación Breogán.

Unha intensa tarde na que a maiores da disputa dos encontros, os “shooters” que faltaban por lanzar completaron a 1ª rolda do concurso de triplas.

Tamén se realizou o concurso do circuito de habilidades e coma sempre rematamos compartindo anécdotas e impresións no 3º tempo, da man do GRUPOS TERRAS DE LUGO.

Voltaremos moi pronto coa terceira xornada, o vindeiro mércores 31 de maio e no horario habitual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *