Novas

Ningún Aro Sen Rede (23/24) – CEIP Albeiros

Primeira visita desta nova temporada do proxecto baseado na economía circular e na reciclaxe, organizado pola Fundación Breogán co apoio da UNED de Lugo e de ECOBALLUTION.

O Director da Fundación Breogán, Salva Arco e a Directora da UNED Lugo, Ana Traseira, visitaron esta mañá o CEIP Albeiros, en Lugo capital.

Logo de explicar aos escolares en qué consiste o proxecto, fixeron entrega do contedor de reciclaxe e colocáronse as redes procedentes de residuos mariños nas súas canastras. O encargado de probar a funcionalidade destas novas redes foi ERIK QUINTELA, a gran sorpresa da mañá para tódolos rapaces/as.

Coma sempre, as “competicións” foron o punto álxido da xornada. Comezou ERIK, realizando unha serie de 7/10 en triplas, amosando o alto nivel de confianza no que se atopa. @s que apostaron por el levaron de agasallo unha bufanda do C.B. Breogán.

Logo chegou o momento dos mestres, que tamén se aplicaron a fondo na súa emocionante competición.

E por último os/as alumnos e alumnas do CEIP, levaron premios e agasallos da UNED e do C.B. Breogán cada vez que conseguían anotar unha canastra.

Moitas grazas ao CEIP Albeiros pola gran acollida, agora xa sabedes: a reciclar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *