Novas

II Xornadas de Tecnificación – Día 1 – Charlas

Complementando á parte deportiva e cubrindo deste xeito a formación integral dos deportistas noveis, Denís Fernández (psicólogo deportivo), Ana Regueira (psicólogo clínica) e María López (psicóloga sanitaria), impartiron esta tarde dúas charlas aos nos@s rapaces/as.

O grupo dos máis novos participou dunha animada sesión chea de preguntas na que Denís tratou o tema das adiccións comportamentais e do risco que conleva un uso indebido das novas tecnoloxías.

Pola súa parte, Ana e María, traballaron co grupo dos maiores a xestión das emocións e dos sentimentos no caso dos deportistas. Tamén eles se amosaron moi participativos e interesados neste tema, no que o máis importante é desmitificar e normalizar o feito de que deben compartir os seus sentimentos.

Ligazón á publicación de Instagram.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *