Novas

II Xornadas de Tecnificación – Día 1

O primeiro día das II Xornadas de Tecnificación que a Fundación Breogán realiza en convenio ca Xunta de Galicia, veu marcado na parte deportiva, pola presencia de 5 xogadores do C.B. Breogán.

ERIK QUINTELA, STEFAN MOMIROV, LUKA BRAJKOVIC, ETHAN HAPP e SERGI QUINTELA, fixeron que a mañá de adestramentos dos nos@s rapaces/as, resultase única e inesquecible.

Todos eles lles amosaron os seus movementos ou xogadas máis características, as súas armas “segredas”, e ao remate houbo tempo para que todos respostasen ás preguntas e curiosidades que se lles plantexaron.

Moitas grazas ós 5 por acudir á chamada da Fundación.

Ligazón á publicación de Instagram.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *