Divertida mañá a que tivemos onte sábado no Basket Na Rúa no CEIP do Sagrado Corazón.
Os máis de 30 participantes que acudiron á chamada da Fundación Breogán gozaron dunha xornada matinal practicando o seu deporte favorito.
Logo do paso polas estacións de perfeccionamento e da pausa para tomar unha froita, tiveron lugar as finais do KO. Os gañadores levaron un paraugas e un póster do @cbbreogan.
E para tódolos participantes, @maximusbreo repartíu mochilas da Fundación.
Voltaremos o vindeiro sábado 11 con esta actividade patrocinada e organizada polo @concellolugo e a CONSELLERÍA DE DEPORTES E @xuventude_lugo a través do Programa +XTI.
III Basket Na Rúa (Sagrado Corazón)
04
Xuñ