O vindeiro luns 30 de setembro iniciamos o ciclo de conferencias correspondente á III Edición de Luz ó Deporte.
Abrirá o mesmo Joaquín Dosil, coordinador do servizo de psicoloxía do deporte do C.B. Breogán, a partir das 12:00 h. no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta.
Este ano os convidados ás ponencias serán os alumnos e alumnas do Colexio Plurilingüe Franciscanos Lugo, do IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes e do Colexio Maristas Inmaculada.