Terceira charla desta tempada de Luz ó Deporte, onde achegamos aos mozos a cara menos coñecida do deporte. Unha oportunidade única para descubrir o esforzo, os valores e as ensinanzas que se esconden detrás de cada carreira deportiva.
Nesta ocasión, Miguel Muñoz, capitán do Lugo Sala e referente do fútbol sala, compartirá o vindeiro luns a súa inspiradora traxectoria. Con máis de 40 anos, Miguel ensinaranos como a paixón, o compromiso e a perseveranza marcan a diferenza, tanto no deporte como na vida.
A charla estará conducida pola xornalista María Nieto e terá lugar no Salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo a partir das 12:00 h.
Este proxecto é posible grazas ao apoio de Abanca e a Xunta de Galicia. Grazas por axudarnos a formar ás xeracións do futuro a través do deporte!