Seguimos percorrendo a marabillosa Terra Chá co proxecto #NingúnAroSenRede. Na segunda visita do día chegou a quenda dos estudantes de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe de Lagostelle, no Concello de Guitiriz, onde nos recibiron xunto aos seus profes Mónica e Iago.
Durante a visita, Luis Abel Taboada (Director da Fundación Breogán) e Alejandro Rodríguez (UNED Lugo) compartiron con todos en que consiste o proxecto e como cada pequena acción conta para coidar o noso planeta.
A mañá estivo chea de xogos, concursos e moitas risas, e ata autógrafos de Máximus! A mascota do Breogán non só foi o centro de atención, senón que deixou unha pegada especial en cada neno e nena.
Despedímonos deixando pequenos recordos: lapis reciclados da UNED Lugo, bufandas do Breo, mini Máximus e adhesivos de Minimus para cada un. Agora a reciclar moito e a desexarlles sorte no sorteo!
Grazas ao CEIP de Lagostelle polo seu entusiasmo e o seu espírito de colaboración.