Onte tivo lugar un novo relatorio do ciclo de conferencias Luz ó Deporte, coa participación de Miguel Muñoz, capitán do ADC Lugosala.
300 alumnos e alumnas dos institutos lucenses Maristas Lugo, Franciscanos Lugo e IES Ollos Grandes asistiron a esta inspiradora charla, conducida por María Nieto, escritora e xornalista.
Miguel Muñoz, unha figura emblemática no fútbol sala e un verdadeiro exemplo de dedicación, prendeu aos mozos coas súas vivencias persoais e as aprendizaxes acumuladas ao longo da súa destacada traxectoria deportiva. As súas palabras ecoaron profundamente entre os asistentes, inspirándoos a valorar o esforzo, a perseveranza e o traballo en equipo como claves non só no deporte, senón tamén na vida.
O acto contou coa presenza de Zayra Dapena, Directora Territorial de Abanca; Javier Arias, Delegado Territorial da Xunta de Galicia; Sagrario Sánchez, Xefa Territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; Manuel Cadramón, Xefe do Servizo Provincial de Deportes, e Luis Abel Taboada, Director da Fundación Breogán.
Este ciclo de conferencias culminará o próximo mes de decembro coa participación do púxil medallista olímpico Enmanuel Reyes Pla, quen será o encargado da cuarta e última charla desta terceira edición.