Nova visita do proxecto Ningún Aro Sen Rede
Hoxe visitamos o Colexio Maristas Inmaculada de Lugo para unha xornada chea de aprendizaxe e diversión. Que marabilla compartir este día cos máis pequenos!
Os nenos tiveron a sorte de contar coa presenza de Aleksandar Aranitovic, xogador do C.B. Breogán, e con Máximus, que non deixou de animar e sacar sorrisos a todos. Sen dúbida, un acompañante especial para facer a xornada aínda máis divertida e enerxética!
Alejandro Rguez. (UNED Lugo) e Luis Abel Taboada (Director da Fundación) explicaron aos estudantes as bases do concurso de reciclaxe de elementos de escritura, resaltando a importancia da economía circular e como todos podemos contribuír ao coidado do medio ambiente.
Sorprendeunos a conciencia ambiental dos nenos, o seu entusiasmo e compromiso coa reciclaxe. Un verdadeiro exemplo de futuro verde!
Como sempre, houbo concursos, premios e agasallos para que todos puidesen gozar desta xornada tan especial.
Un agradecemento moi especial a Claudia Tejerina, a profesora dos nenos, pola súa participación activa e por fomentar o espírito de reciclaxe e sustentabilidade nos seus estudantes.