Novas

Proxecto Persoas – MarCha Lugo

Onte no Proxecto Persoas vivimos unha xornada especial, xa que nos acompañaron os rapaces e rapazas de MarCha Lugo. A súa enerxía, ilusión e compromiso fixeron deste adestramento algo inesquecible!

Ao rematar, non se puideron resistir a un pequeno tour polo Pazo dos Deportes, como bos seguidores do C.B. Breogán. Foi a nosa forma de agradecerlles a visita e de recoñecer o gran traballo que fan.

Grazas por compartir esta experiencia con nós e parabéns polo voso proxecto! Seguide adiante, porque o mundo necesita persoas coma vós!

Ligazón á páxina de Persoas 24/25.