O vindeiro 9 de marzo, nas instalacións do Centro Deportivo D10, celebrarase o primeiro evento solidario para recadar fondos para Murallalandia, un proxecto marabilloso que transformará a área de pediatría do Hospital Universitario Lucus Augusti nun espazo lúdico e educativo inspirado na Muralla Romana.
A Fundación Breogán colabora nesta iniciativa xunto con SERGAS, Banco Mediolanum e a Asociación Somos Capaces, co obxectivo de mellorar a estancia dos máis pequenos no hospital.
🔹 Como podes colaborar?
✅ Realiza a túa doazón en 👉 www.migranodearena.org (mínimo 20€)
✅ Envía o xustificante xunto cos teus datos (nome e apelidos, teléfono, idade e actividades nas que queres inscribirte) a administracion@sportd10.com
✅ Participa en actividades como Ruta BTT, Andaina Solidaria, Tenis, Pádel, Aquagym, Fitness, Maratón de Natación, Xantar, Bingo e Maxia!
Xuntos podemos facer do hospital un lugar máis acolledor e divertido para os nenos. Contamos contigo!