Onte no adestramento do Proxecto Persoas tivemos una nova colaboración… e tamén supervisión extra! José Ángel e Carolina, en representación da delegación de Lugo do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (FEGABA), uníronse a nós para compartir unha sesión moi especial.



Baixo a súa atenta mirada, puxemos en práctica o noso mellor xogo limpo e deixamos claro que no noso campo sempre hai sitio para tod@s! Porque seguir facendo do deporte un espazo para todos é o noso mellor partido.



Moitas grazas por acompañarnos! Volvede cando queirades… prometemos non facer pasos!