Un novo proxecto da Fundación Breogán, dirixido por José Manuel Teijido (@josewhis) que vai moito máis alá dun equipo.
NÓS é unha forma de entender o deporte: como encontro, como comunidade e como unha ferramenta capaz de unir persoas, derrubar barreiras e crear oportunidades.
O proxecto contará con dúas vertentes:
🏀 Un equipo de 𝗯𝗮𝗹𝗼𝗻𝗰𝗲𝘀𝘁𝗼 𝗲𝗻 𝗰𝗮𝗱𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝗿𝗼𝗱𝗮𝘀 aberto a todas aquelas persoas que queiran formar parte desta nova aventura.
🎓 Un programa 𝗲𝗱𝘂𝗰𝗮𝘁𝗶𝘃𝗼 que levará o baloncesto en cadeira de rodas aos centros educativos da provincia de Lugo durante o curso 2026/27 para promover a inclusión, o respecto e o coñecemento deste deporte.
Abrimos xa o proceso de inscrición para formar parte do equipo.
📩 Solicitudes: inscripciones@fundacionbreogan.org
Porque cando entramos na pista, non entra unha persoa.
Entramos NÓS.


