Novas

Ningún Aro Sen Rede (24/25) – CEIP Plurilingüe de Xermade.

Hoxe fixemos unha visita especial por partida dobre á fermosa comarca da Terra Chá, dentro do noso proxecto #NingúnAroSenRede.

A primeira parada foi no CEIP Plurilingüe de Xermade, onde os nenos e nenas, xunto aos seus profesores Rubén e Diego, recibíronnos con moita enerxía e entusiasmo.

Instalamos redes sostibles de Ecoballution nas súas canastras e entregámoslles un contedor de reciclaxe, fomentando o respecto polo medio ambiente. Ademais, Luis Abel Taboada (Director da Fundación Breogán) explicou o propósito deste proxecto tan especial e as bases do concurso.

A emoción aumentou coa presenza da querida mascota do C.B. Breogán, Máximus, quen acompañou nos concursos e competicións. E, por suposto, houbo moitos premios e recordos! Lapis de xornal reciclado (UNED Lugo), bufandas do Breo, mini Máximus e adhesivos de Minimus para cada neno e nena.

Grazas á comunidade de Xermade polo seu cálido recibimento e por axudarnos a construír un futuro máis sostible e cheo de valores.