Esta semana visitamos o CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos, nunha nova xornada do Proxecto Ningún Aro Sen Rede.
Nova parada do noso proxecto Ningún Aro sen Rede!
Esta semana tivemos o pracer de visitar o CEIP Plurilingüe de Monforte, acompañados por Alejandro Rodríguez da UNED Lugo e o incansable Máximus, a querida mascota do C.B. Breogán.
Con esta visita, xa sumamos oito centros educativos que se unen á nosa iniciativa en favor do medio ambiente e a economía circular!
Agora, as canastras do CEIP de Monforte locen redes recicladas, e os mozos e mozas xa comezaron a reciclar elementos de escritura en desuso para participar no noso concurso.
Moitas grazas ao profesor Ricardo Sánchez del Río pola súa implicación e entusiasmo.