Novas

Ningún Aro Sen Rede (24/25) – CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz

Primeira visita de “Ningún Aro Sen Rede” do curso 24/25.

Esta semana demos inicio a unha nova etapa do proxecto “Ningún Aro Sen Rede” coa nosa primeira visita ao CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz, en Meira. Nesta iniciativa, baseada na reciclaxe e a economía circular, colaboran connosco a UNED de Lugo e Ecoballution.

Durante a visita, deixamos no centro o contedor de reciclaxe para que poidan participar no noso concurso e colocamos redes sostibles nas súas canastras, fomentando a conciencia ambiental a través do deporte. E para facer a xornada aínda máis especial, acompañounos Máximus, a mascota do C.B. Breogán, quen trouxo alegría e motivación a todos os estudantes!

Tamén contamos coa presenza de Alejandro Rodríguez, en representación da UNED Lugo.