Seguimos coas visitas do proxecto Ningún Aro Sen Rede!
Esta vez tivemos a sorte de visitar o CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción, en Sarria, onde os nenos e nenas de Primeiro e Segundo de Primaria nos deron unha benvida extraordinaria.
A xornada foi moi especial grazas á presenza de Máximus, a querida mascota do C.B. Breogán, unha verdadeira estrela que conseguiu encandilar aos pequenos.
Durante a visita, Alejandro Rodríguez (@unedlugo) e Luis Abel Taboada, Director da Fundación, explicaron as bases do concurso de reciclaxe de elementos de escritura. Falouse sobre a importancia da economía circular e como, coa colaboración de todos, podemos coidar o medio ambiente e facer un futuro máis sostible.
Sorprendeunos gratamente a conciencia ambiental dos pequenos, o seu entusiasmo e compromiso coa reciclaxe. Un verdadeiro exemplo do que pode ser un futuro verde!
Para facelo aínda máis divertido, coma sempre houbo concursos, premios e agasallos que fixeron desta xornada unha experiencia única e inesquecible.
Grazas de corazón ás mestras Tania Sánchez e Andrea López polo seu traballo e apoio constante. O voso compromiso faise notar!
Seguimos traballando xuntos para fomentar a reciclaxe e a sustentabilidade. Porque cada pequeno xesto conta!