Esta semana, dentro do Proxecto Ícaro, que levamos a cabo desde a Fundación Breogán grazas ao apoio da Vicedeputación de Lugo, os nosos rapaces viviron unha experiencia única: un primeiro achegamento ao béisbol a través dunha variante igual de emocionante, o sóftbol.
Queremos agradecer ao Lume Béisbol Club e ao seu adestrador Pedreira por guiarnos con tanta paixón e dedicación. Foi unha grande oportunidade para aprender, desfrutar e, sobre todo, traballar en equipo.
O deporte únenos, ensínanos e impulsa a superar límites. Seguimos medrando xuntos!