Novas

Ningún Aro Sen Rede – Resultados Curso 24/25

Durante o curso 2024/25, 10 centros educativos da cidade e provincia de Lugo sumáronse ao reto de recoller material de escritura en desuso, demostrando o seu compromiso co medio ambiente e coa reciclaxe responsable.

Foron moitos meses de esforzo, colaboración e conciencia ambiental, e hoxe queremos agradecer a participación de todos os centros e anunciar os 3 centros gañadores desta edición, que acadaron as maiores cantidades recollidas:

🥇 1º Premio: Colexio Plurilingüe Franciscanos – Lugo (20,8 kg)
🥈 2º Premio: CEIP Plurilingüe Lagostelle – Guitiriz (12,2 kg)
🥉 3º Premio: CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción – Sarria (11,5 kg)

👏 Parabéns aos gañadores e grazas tamén ao compromiso de:

📍 CEIP Plurilingüe de Xermade – 11,0 kg
📍 CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz – Meira – 8,2 kg
📍 Colexio Maristas A Inmaculada – Lugo – 6,4 kg
📍 CPR Plurilingüe Cervantes – Lugo – 6,2 kg
📍 CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos – 1,0 kg
📍 CPI Uxío Novoneira – Pedrafita do Cebreiro – 0,35 kg
📍 CEIP As Nogais – 0,30 kg

🌍 Cada bolígrafo, rotulador ou lapis recollido é un paso máis cara a un futuro sostible. Grazas por demostrar que ningún aro queda sen rede cando traballamos xuntos!