Unha nova visita, novas ganas de descubrir o baloncesto en cadeira de rodas. 🏀💙
Volvemos recibir en NÓS BALONCESTO alumnado do CEIP de Monterroso. Nesta ocasión, outro grupo achegouse á pista para coñecer esta modalidade, probar a experiencia e descubrir que o baloncesto tamén se vive sobre rodas.
Grazas por vir con tanta curiosidade e por compartir con nós unha xornada de deporte e aprendizaxe.



