O Pazo dos Deportes de Lugo converteuse hoxe nun portal máxico para os pequenos do CEIP As Nogais. No marco do noso Proxecto Pazo Aberto, nenos e nenas de 3 a 12 anos mergulláronse na esencia do C.B. Breogán, vivindo unha xornada inesquecible.
Guiados polo Director da Fundación, Luis Abel Taboada e acompañados polos seus mestres e coidadoras, os ollos dos cativos brillaban ao recorrer as instalacións, descubrindo os segredos do C.B. Breogán. Dende o vestiario ata a sala de prensa, cada recuncho do Pazo cobrou vida coas súas preguntas e sorrisos.



Mateo García destacou no concurso sobre a historia do club, levándose unha camiseta exclusiva de Pazo Aberto, pero ninguén marchou coas mans baleiras: adhesivos de recordo, porta lapis especial do Proxecto de Bana de oartesan3D para o seu colexio e, o máis prezado, unha camiseta do C.B. Breogán asinada por todo o equipo e entregada polo capitán Erik Quintela, foron os agasallos que levaron consigo.



O punto álxido chegou ao presenciar o adestramento dos seus ídolos e compartir momentos cos xogadores e o corpo técnico.
Agardamos que desfrutárades da visita tanto coma nós, foi un pracer recibirvos.
O Proxecto Pazo Aberto volverá a abrir as súas portas o vindeiro mes de febreiro, para acoller outro grupo de pequen@s breoganistas.


