Novas

Pazo Aberto – CEIPP Poeta Avelino Díaz – Meira

Onte recibimos no Pazo dos Deportes unha visita moi especial: una representación do alumnado do CEIPP Poeta Avelino Díaz de Meira gozou dunha mañá diferente, descubrindo o día a día do C.B. Breogán desde dentro.

Durante o percorrido, puideron explorar os recunchos máis emblemáticos do Pazo, coñecer a historia do club e compartir anécdotas e sorrisos cos xogadores e corpo técnico. Un achegamento único ao breoganismo, vivido con moita ilusión e curiosidade.

Actividades como “Pazo Aberto” buscan achegar o baloncesto e os seus valores á cativada, sementando paixón polo deporte e creando lembranzas que durarán para sempre.

Agradecementos ao CB Vila de Meira por facer posible esta experiencia e por apostar pola educación a través do deporte.