As participantes da vertente social do Proxecto Cris Seijo deixaron por un día as pistas para adentrarse na cociña da recoñecida Arrocería Os Cachivaches.

Acompañadas polo director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada, o seu adestrador Aitor Vázquez e Laura Garrido, compartiron unha xornada diferente, onde aprenderon, gozaron e descubriron o que significa traballar con paixón entre fogóns.



Un agradecemento enorme a Álex por abrirnos as portas da súa casa, polas atencións e por regalarnos o privilexio de velo traballar. Os seus consellos e a súa cercanía deixaron unha fonda pegada nas nosas xogadoras.
Levamos connosco un recordo cheo de aprendizaxes, sorrisos e inspiración.


