BEGONTE

 

“II MÁIS QUE BASKET NO RURAL”, do 9 de Maio ó  9 de Xuño de 2022.

 

 

O segundo Máis Que Basket No Rural da Fundación Breogán tivo lugar no Concello de Begonte.

O proxecto que iniciamos no Concello de Palas de Rei, continuou a dinamizar o rural lucense e achegou o baloncesto e os hábitos saudables durante un mes, ó Concello de Begonte.

As nosas empresas benefactoras, RÍO DE GALICIA e PAZO DE VILANE, xunto co apoio e colaboración do propio Concello, permitiron á Fundación Breogán, desenrolar a segunda parada deste ilusionante proxecto.

O primeiro adestramento chegaría o día 9 de Maio. Os rapaces e rapazas, divididos en grupos por idades, tiveron o luxo de compartir este primeira xornada con Trae Bell-Haynes, xogador do C.B.Breogán e co noso director Salva Arco e dos adestradores da Fundación Breogán.

Logo desta primeira toma de contacto, agardarían moitas máis horas de diversión, baloncesto e hábitos saudables, cada luns e mércores do mes de Maio.

Outro invitado que quixo achegarse onde nós, foi Jordan Sahko, pivote do C.B.Breogán. Non faltaron os sorrisos e a diversión no medio do traballo.

Como xa ocorreu no anterior Concelllo, o proxecto complementa a súa labor didáctica con dúas charlas coloquio que son moi ben recibidas polos nosos inscritos e as súa familias: “NUTRICIÓN PARA XÓVENES DEPORTISTAS”, da man de Marta Pérez Fandiño, nutricionista e dietista e Nuria Varela-Portas (Cofundadora e Xerente do Pazo de Vilane) e Carmen Lence (Conselleira Delegada de Río de Galicia) a ponencia “EMPRENDEDORAS NO RURAL”.

O acto foi moderado e conducido novamente pola recoñecida periodista María Nieto.

Ese mesmo día, e no propio salón de actos, tamén tivo lugar a entrega dos diplomas ós verdadeiros protagonistas do proxecto: os participantes nos adestramentos. Nas súas mans está o futuro do noso país e do xeito de pensar e de actuar deles e delas, dependerá que nos vindeiros anos teñamos unha sociedade saudable e deportista e comprometida co rural e co medio ambente.

Como agradecemento ó Concello de Begonte pola súa amabilidade e predisposición constante, a Fundación Breogán quixemos agasallar cunha camiseta do proxecto, asinada por todos e todas os participantes.

Excepcionalmente, nesta ocasión trasladouse a xornada de inauguración ó día 21 de Maio, para facela coincidir ca Festa da Xuventude que ten lugar cada ano no Concello de Begonte.

Sen dúbida todo un acerto, houbo xogos, competicións e un ambente moi agradable. Acompañáronnos neste xornada festiva, os irmáns Quintela, Pablo Duarte (Fisioterapeuta do C.B.Breogán) e Jaime Capella.

E así rematou o “II MÁIS QUE BASKET NO RURAL” da Fundación Breogán. Vémonos moi pronto en outro Concello de Lugo, con diferentes protagonistas pero cas mesmas (ou máis) gañas de facer deporte con vós, de achegarvos a práctica do baloncesto á vosa casa e de dar xuntos “O Seguinte Paso No Sentimento Breoganista”.

 

 

 

 

Related Projects