FRIOL

 

“III MÁIS QUE BASKET NO RURAL”, do 10 de Outubro ó  19 de Decembro de 2022.

 

 

O terceiro Máis Que Basket No Rural da Fundación Breogán estase a desenrolar no Concello de Friol.

Tódolos luns comprendidos nas datas indicadas no inicio, estamos a levar o noso proxecto co que pretendemos xuntar deporte, hábitos de alimentación saudables e potenciar o rural lucense.

As nosas empresas benefactoras, RÍO DE GALICIA e PAZO DE VILANE, xunto co apoio e colaboración do propio Concello de Friol e do CPI Doutor López Suárez, están a permitir á Fundación Breogán, desenrolar a terceira parada deste ilusionante proxecto.

Como xa ocorreu nos anteriores Concelllos, o proxecto complementa a súa labor didáctica con dúas charlas coloquio que son moi ben recibidas polos nosos inscritos e as súa familias: “NUTRICIÓN PARA XÓVENES DEPORTISTAS”, da man de Marta Pérez Fandiño, nutricionista e dietista e Nuria Varela-Portas (Cofundadora e Xerente do Pazo de Vilane) e Carmen Lence (Conselleira Delegada de Río de Galicia) a ponencia “EMPRENDEDORAS NO RURAL”.

O acto será moderado e conducido novamente pola recoñecida periodista María Nieto.

 

 

 

Related Projects