PALAS DE REI
“I MÁIS QUE BASKET NO RURAL”, do 26 de Febreiro ó 30 de Marzo de 2022.
O primeiro Máis Que Basket No Rural da Fundación Breogán levóunos ata o Concello de Palas de Rei.
Un proxecto nado coa vocación de dinamizar o rural lucense e de achegar o baloncesto e os hábitos saudables a varios Concellos da Provincia de Lugo.
Neste sentido, non podemos ter dúas empresas benefactoras do proxecto que simbolicen mellor os conceptos de revalorización do rural e de comercializar productos da máis alta calidade, como son RÍO DE GALICIA e PAZO DE VILANE.
O acto de inauguración tivo lugar o día 26 na Praza do Concello de Palas de Rei. Alí acompañáronnos máis de medio cento de rapaces e rapazas, que non quixeron perder a oportunidade de vivir unha mañán repleta de baloncesto e diversión.
Durante os días previos xa foran moitos os nenos e nenas que se tiñan inscrito para participar nos adestramentos que se ían levar a cabo nas seguintes semanas. O propio día da inauguración oficial continuamos a recibir inscripcións dos pequenos afeccionados ó basket do Concello de Palas.
Temos que destacar, que a participación de todos eles nas actividades propostas polo persoal deportivo da Fundación foi total. Houbo música, competicións e moitos agasallos; e como non, a presencia de Máximus, a mascota do C.B. Breogán, que fixo as delicias de grandes e pequenos.
O primeiro adestramento chegaría o mércores día 2 de Marzo. Os máis de 30 rapaces, divididos en grupos por idades, traballaron coma uns campións e seguiron atentamente as indicacións do noso director Salva Arco e dos adestradores da Fundación Breogán.
Foi unha primeira toma de contacto moi satisfactoria por ambalas dúas partes e o inicio dunha aventura que non deixaría de medrar en forma de novos alumnos, cada luns e mércores do mes de Marzo.
A outra pedra angular do proxecto, o emprendemento dende o rural, tivo unha importante presenza o día 29 de Marzo en forma de charla – coloquio. No salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Palas de Rei, as máis de 50 persoas que asisitiron á mesma, tiveron a oportunidade de compartir con Nuria Varela-Portas (Cofundadora e Xerente do Pazo de Vilane) e Carmen Lence (Conselleira Delegada de Río de Galicia) a ponencia “EMPRENDEDORAS NO RURAL”.
O acto foi moderado e conducido pola recoñecida periodista María Nieto, e nesa distendida conversa puidemos comprender mellor o que supón, visto dende a experiencia destas dúas exitosas empresarias galegas, emprender dende o rural lucense, comprometidas co medio ambente e cos labregos, agricultores e gandeiros. Sen dúbida, aportáronnos moitas razóns de peso para comprender que no rural hai moito futuro.
Ese mesmo día, e no propio salón de actos, tamén tivo lugar a entrega dos diplomas ós verdadeiros protagonistas do proxecto: os participantes nos adestramentos. Nas súas mans está o futuro do noso país e do xeito de pensar e de actuar deles e delas, dependerá que nos vindeiros anos teñamos unha sociedade saudable e deportista e comprometida co rural e co medio ambente.
Os diplomas foron entregados por Carmen Lence, Nuria Varela-Portas e Amando Sande, o Tenente Alcalde do Concello de Palas de Rei.
E chegou o día do derradeiro adestramento. Pero este foi un día tamén especial, porque ademáis de adestrar contamos ca presenza de Marta Pérez, dietista e nutricionista de Nutripasos que impartíu a charla “NUTRICIÓN PARA XÓVENES DEPORTISTAS”.
Tamén houbo momento para os agasallos finais, un balón de basket e unha camiseta personalizada co logotipo do proxecto e dos nosas empresas benefactoras, fican agora mesmo na casa de cada un dos nosos pequenos deportistas.
E como agradecemento ó Concello de Palas de Rei pola súa amabilidade e predisposición constante, a Fundación Breogán quixemos doar unha canastra para desfrute destas futuras estrelas do basket lucense.
E así rematou o “I MÁIS QUE BASKET NO RURAL” da Fundación Breogán. Vémonos moi pronto en outro Concello de Lugo, con diferentes protagonistas pero cas mesmas (ou máis) gañas de facer deporte con vós, de achegarvos a práctica do baloncesto á vosa casa e de dar xuntos “O Seguinte Paso No Sentimento Breoganista”.