AFALU / CLÍNICA GARCÍA RIELO

 

A semana do 2 do ó 8 de maio, foi a semana da Asociación AFALU Alzheimer Lugo. A empresa benefactora da Fundación, CLÍNICA DENTAL GARCÍA RIELO achegounos o traballo desta asociación formada por familiares, coidadores e enfermos de Alzheimer.

 

 

 

Foi esta unha semana chea de emocións e de ledicia.

Nela, tivemos a enorme oportunidade, grazas á nosa empresa benefactora a Clínica Dental García Rielo, de coñecer a este encantador colectivo que forman usuarios e persoal de Afalu.

En todo momento nos fixeron sentir queridos e como na nosa casa. A ilusión e o carácter tan positivo que teñen é contaxioso, como nos demostraron na visita ó Pazo e o día do partido do CB Breogán fronte ó FC Barcelona.

Ogallá este pequeno gran de area que dende a Fundación Breogán quixemos poñer a modo de visibilización da Asociación, se prolongue no tempo e volvamos ter a oportunidade de coincidir no futuro.

O noso corazón xa o tedes gañado.


 

Related Projects