Novas

Proxecto Persoas – 3ª Colaboración CGAB

A pasada semana tivemos o pracer de recibir, por terceira vez, a varios membros da delegación de Lugo do @comitegalegodearbitros_fgb (@fegababaloncesto), que se achegaron ao Proxecto Persoas para compartir con nós unha nova sesión chea de aprendizaxes.

Con eles na pista, practicamos moito máis que xogadas: traballamos o respecto, a inclusión e o valor do xogo limpo, que son tamén parte fundamental do baloncesto que queremos construir.

Grazas por volver, por implicarvos e por facer equipo con nós unha vez máis. Esta sempre será a vosa pista.