Nova visita moi especial no adestramento do Proxecto Persoas.
Recibimos ao Club Natación PortaMiñá, que se achegou cun grupo de nadadores e o seu adestrador @pablomendezferreiro para compartir con nós unha xornada chea de deporte, inclusión e aprendizaxe mutua.



O Proxecto Persoas estase a converter nun verdadeiro punto de encontro entre asociacións, clubs deportivos e entidades que cren nun deporte para todos e todas.
Grazas de corazón por formar parte desta experiencia. Seguimos construíndo un camiño máis inclusivo, da man do deporte!


